Ribas de Sil acolle un curso de acompañamento aos maiores nas novas tecnoloxías

RibeiraSacraXa
O curso terá lugar os vindeiros días 16 e 17 de setembro no salón de actos da Casa do Concello
Praza-do-concello-Ribas-de-Sil
7 sep 2024

O Concello de Ribas de Sil, en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel, acolle un curso de acompañamento aos maiores nas novas tecnoloxías.

O curso, organizado polo Centro de Acompañamento familiar e co apoio da Xunta de Galicia, terá lugar os vindeiros 16 e 17 de setembro no salón de actos do Concello.

Así, entre as 16.00 e as 18.00 horas, as persoas inscritas a través do número 982 428 237 ou nas oficinas municipais, poderán aprender diferentes utilidades do teléfono móbil intelixente.

Os contidos concretos serán: entender o funcionamento do seu móbil, aprender a utilizalo de forma segura, boas prácticas e malos hábitos e aplicacións útiles para a vida diaria.

0.089792013168335