Ribas de Sil acolle esta fin de semana a Feira de Oportunidades do Xeoparque

RibeiraSacraXa
Será no pavillón municipal os días 22 e 23 de marzo entre as 10.30 e as 20.00 horas
feira-oportunidades-xeoparque-ribas-de-sil
19 Mar 2025

O Pavillón municipal de Ribas de Sil acollerá esta fin de semana a Feira de Oportunidades do Xeoparque. Será os días 22 e 23 de marzo e esta aberta de 10.00 a 20.00 horas.

As persoas que se acheguen a ela poderán atopar un gran número de produtos como libros, téxtil, produtos de artesanía, produtos para o fogar ou produtos de alimentación. Ademais, sortearanse entre os asistentes dúas cestas con agasallos. Haberá tamén hinchables e talleres para os pequenos e pequenas.

A cita está organizada polo Concello de Ribas de Sil en colaboración coa Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

⚙ Configurar cookies
0.74205207824707