Ribas de Sil abre este venres a súa programación de verán
O Concello de Ribas de Sil presentou unha programación cultural de verán que arrancará este venres cunha sesión de contacontos a cargo de Caxoto, co título Contos a pé de rúa.
Esta sesión, que terá lugar ás 20.00 horas no anfiteatro da praia fluvial, mesmo lugar e hora á que se desenvolverán os resto de previsións.
Xa o sábado, 27, continuará a programación cun espectáculo de maxia a cargo de Dani Polo, que leva por título Combina.
O 3 de agosto será tempo de teatro con Raquel Queizás, e Cómica de lingua, unha historia para todas as idades.
O 14 de agosto será o día grande, con inchables na praza fluvial de 110.0 a 14.00 e de 17.30 a 19.30 horas. Despois, ás 20.00 horas falarase de hiperactividade con A historia de Martín, a cargo de Animar-T Teatro. Xa as 23.00 horas, pero na praza do Concello, dará comezo o conceto de Estefanía Fernández, de La Voz Kids.
O 15 de agosto tamén haberá música, será a cargo da Banda de Música de Lourenzá, que actuará ás 23.00 horas tamén na praza do Concello, para pechar a programación o 16 de agosto na praia fluvial coa terceira edición de Rock & Viño co concerto de Doc Magoo's.