Requeixo celebra as Festas da Octava con gastronomía, sorteos e moita música
Esta fin de semana, do 13 ao 15 de setembro, celebraranse na parroquia de Requeixo (Chantada) as tradicionais Festas da Octava, cunha programación festiva que inclúe música en directo, eventos relixiosos e actividades para todos os públicos.
PROGRAMA
O venres 13, os festexos arrincarán ás 21.30 horas cunha gran pancetada popular, que estará acompañada pola música de DJ Machito, asegurando unha noite chea de bo ambiente e diversión.
O sábado 14 será un día destacado no programa. Ás 13.30 horas, celebrarase unha misa solemne, seguida da tradicional sesión vermú amenizada pola charanga Os Sureños. Pola noite, a orquestra Travesía tomará o escenario, xunto a DJ Casanova, quenes animarán a verbena. Durante a mesma, realizarase un gran sorteo con interesantes premios.
Finalmente, o domingo 15, a festa concluirá con outra misa solemne ás 13.30 horas e a sesión vermú amenizada polo grupo Cantareiras D 'Xanares, quenes poñerán o broche final ás festividades. Estas celebracións esperadas cada ano polos veciños e visitantes, prometen unha fin de semana chea de tradición, música e bo ambiente en Requeixo.