Representantes do Concello de Monforte asisten á celebración do San Blas
A tenente de qlcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e as concelleiras de Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López, participaron nos actos litúrxicos arredor da festividade de San Blas, en representación do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, quen non puido acudir ó acto por ter outros compromisos institucionais.
Seguindo a tradición, o sábado as once da mañá celebrouse a misa matinal da festividade de San Blas, nunha igrexa ateigada de monfortinos e monfortinas. A eucaristía tivo lugar na igrexa de San Vicente do Pino, escenario tradicional desta celebración, que volveu a acoller a conmemoración desta festividade tras abrir ás súas portas ós actos relixiosos hai uns meses, logo das importantes obras de restauración que se levaron nela a cabo dende o Goberno de España, a petición do Alcalde monfortino.
Tal e como é costume no Val de Lemos, tamén se levou a cabo a bendición das roscas e das cintas dos monfortinos e monfortinas presentes na celebración. Tras a bendición, tivo lugar unha procesión coa imaxe do San Blas polo exterior do templo.
A Policía Local do Concello de Monforte estableceu un dispositivo especial de tráfico que garantiu que a circulación e os accesos a igrexa, e o acto desenvolveuse con total normalidade.