Repoboados catro ríos do sur de Lugo con 75.000 alevíns de troita

RibeiraSacraXa
Axentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda realizaron soltas nos últimos días nos leitos do Lóuzara, Lor, Mao e Cabe.
axentes ambientais peixes
24 Jun 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda levou a cabo unha solta de alevíns de troita para repoboar os ríos da zona sur de Lugo. En concreto, nos últimos días introduciron arredor de 75.000 exemplares nos ríos Lóuzara, Lor, Mao e Cabe.

Axentes ambientais do Servizo de Patrimonio Natural desprazáronse a diversos puntos para realizar a solta, na que tamén participou o actual campión galego de pesca sen morte, Alejandro Pérez Trebolle, quen destacou a gran calidade e cantidade dos alevíns.

Esta actuación de recuperación medioambiental beneficiará aos concellos do Incio, Folgoso do Courel, Quiroga, Monforte de Lemos e A Pobra de Brollón.

Na provincia de Lugo desenvólvense nesta época outras accións encamiñadas a recuperar as concas fluviais cuns 150.000 alevíns de troita común e 90.000 de salmón procedentes dos criadeiros específicos destas especies que a Xunta ten no Veral (Lugo) e Goó (O Incio), onde se obteñen as crías grazas á reprodución de exemplares autóctonos de troita e salmón que foron capturados nos propios ríos con anterioridade.

O persoal técnico planifica a repoboación con especies autóctonas naquelas situacións nas que o proceso natural poida resultar imposible ou dunha duración excesiva. No resto dos casos, procúrase que sexan as poboacións existentes na mesma conca fluvial as responsables de colonizar os treitos afectados por episodios de mortalidade.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18129420280457