RENFE accede á modificación dos horarios para que os estudantes da zona Sur regresen os venres

RibeiraSacraXa
RENFE accede a la modificación de los horarios para que los estudiantes de la zona sur de Lugo puedan volver a casa los viernes.
reunion senadores sur lugo
29 Apr 2022

Finalmente foron fructíferas as xestións realizadas desde Ribas de Sil cos senadores socialistas das provincias de Lugo e Ourense, Cesar Mogo e Miguel Bautista.

O pasado 23 de Febreiro estes senadores mantiveron unha reunión no concello de Ribas de Sil e pudieron comprobar de primeira man o problema existente para que os estudantes universitarios da zona sur de Lugo e Valdeorras pudieran regresar ás súas casas os venres.

Depois de analizar o problema co equipo de goberno de Ribas de Sil, Cesar Mogo e Miguel Bautista mantiveron reunións e contactos con Renfe para que que os estudantes de Coruña e Santiago que viven perto das estacións da liña Ourense-Ponferrada puidieran regresar ás súas casas os venres, despois das clases de toda a semana.

Finalmente RENFE accedeu a modificar os horarios para que, saíndo nun Alvia ás 15:10 de Coruña, pasando ás 15:40 de Santiago e chegando ás 14:20 a Ourense, se poida facer transbordo cun rexional. Este rexional sairá de Vigo e agardará 20 minutos aproximadamente para poder facer a combinación e que estes estudantes poidan chegar ás súas casas, tal e como reclamaban.

Estes novos horarios se aplicarán a partir do día 8 de maio, mantendo inalterables as combinacións dos domingos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19539380073547