Rematan en Manzaneda as obras entre Ponte Raigada e Presa do Vao e comezan novos traballos en San Paio

RibeiraSacraXa
Os traballos consistiron no formigonado da cuneta, mentres que en San Paio melloraranse os accesos
obras-estrada-presa-do-vao
Estrada a Presa do Vao
5 Nov 2025

O Concello de Manzaneda vén de completar o formigonado do último tramo da cuneta da estrada Ponte Raigada – Presa do Vao. Dende o Concello informan que, durante os próximos días, esta zona permanecerá balizada lateralmente para evitar que os vehículos pesados repisen o formigón mentres fragua. Aínda así, a vía está aberta ao tráfico con normalidade.

Paralelamente, o Concello comezou tamén os traballos de mellora do firme nos accesos a San Paio, co obxectivo de facilitar a circulación e mellorar a seguridade viaria nesta zona.

Ambas actuacións están financiadas ao 100% mediante axudas de cooperación supramunicipal, o que segundo explican dende o Concello, permite avanzar na conservación e modernización das infraestruturas locais sen custo para as arcas municipais.

⚙ Configurar cookies
0.07137393951416