Rematan, con setembro, os campionatos de ocio organizados no Centro Social de Quiroga
Os campionatos de ocio organizados para este mes de agosto no Centro Social de Quiroga remataron ao celebrarse o derradeiro dos campionatos, o de brisca. Anteriormente foi un campionato de tute e unha tarde de bingo as actividades que cubriron os seráns da última quincena deste mes.
Dende a Concellería de Servizos Sociais organizáronse tres xornadas de lecer para socios e non socios coa finalidade de manter activo e atraer xente o local social que xestiona o Concello. O Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, non dubidou en sentarse a mesa e poñer as cartas sobre o mantel para participar no xogo.
Os gañadores desta xornada levan unha comida no Mesón Ferreiriño e os segundos clasificados botellas de viño da adega EDV. Estas dúas empresas locais, xunto coa Cafetería A Botica e as adegas Casa de Outeiro e Lar de Ricobao, foron as patrocinadores destes campionatos.