Rematan as obras de rexeneración do firme da rúa Conde de Taboada
Rematan as obras de rexeneración do firme da rúa Conde de Taboada, desde a intersección coa Avenida de Lugo ata o CPI San Tomé do Carballo.
Ademais, aglomerouse tamén a explanada de aparcadoiro do colexio, unha vella demanda por parte do profesorado e dos pais e nais e que agora vén de ser atendida, que se fixo con cargo ao Plan Único da Deputación de Lugo.
O alcalde, Roi Rigueira, informa de que nos vindeiros días se procederá ao pintado da estrada e da zona de aparcamento para facer o traballo completo e que quede o máis funcional e cómodo posible, sobre todo de cara ao inminente inicio do curso escolar.
Esta obra, xunto co recente arranxo da beirarrúa desde a Avenida de Lugo ata o cruce coa rúa Ánxel Fole levado a cabo polo obradoiro de emprego, fai que esta zona da vila teña outra cara totalmente renovada con respecto a hai tan só uns poucos meses E podemos dicir que xa hai outras ideas en marcha para tratar de seguir traballando e avanzando nesta zona do pobo.