Rematan as obras de mellora da Oficina Rural de Monforte

RibeiraSacraXa
A Oficina Rural de Monforte vén de rematar o proceso de mellora das súas instalacións a través dunha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural, para a que se destinou un investimento total de 171.
Oficina rural Monforte
10 Feb 2024

A Oficina Rural de Monforte vén de rematar o proceso de mellora das súas instalacións a través dunha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural, para a que se destinou un investimento total de 171.868,69 euros.

Neste sentido, leváronse a cabo traballos de acondicionamento do interior da oficina, instalouse un punto de recarga de vehículos eléctricos e realizáronse labores de pintura na fachada do edificio.

O obxectivo desta actuación, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía nas materias da súa competencia, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

⚙ Configurar cookies
0.48469400405884