Rematan as Festas de Verán de Quiroga esta noite coa actuación do Grupo Asia

RibeiraSacraXa
Centos de persoas desfrutaron desta fin de semana de diversas propostas musicais e teatrais que encheron as rúas da vila quiroguesa
Festas-de-Quiroga-2024
12 Aug 2024

Rematan esta noite as Festas de Verán de Quiroga, que acolleu diferentes iniciativas desde este venres, 9 de agosto, ata hoxe, luns 12 de agosto.

Na xornada do sábado, a rúa Real acolleu a partir das 23.00 horas un dos mellores espectáculos musicais en homenaxe o mítico Michael Jackson da man de Michael Legend, que está considerado un dos mellores imitadores do rei do pop, tanto polo seu esmero no baile como polo seu tono e emoción a hora de cantar.

Foron moitos os que gozaron deste musical lembrando os éxitos do seu álbum Thriller, como Billie Jean ou Beat It ata o imprescindible traballo This Is It, que se publicou de forma póstuma e no que está centrado este espectáculo.

Ademais, pasada a media noite, chegaba unha das actuacións máis agardadas polo público quirogués: Mario Colomán & The Clocks Band, que encheron a rúa Real o ritmo de temas ben coñecidos xunto cos de produción propia. O grupo local revelación deste ano non defraudou, fixo cantar e bailar a un público entregado nunha das noite tropicais deste verán.

As festas continuaron a noite do domingo a partir das 22.30 horas cunha gran sesión de fogos de artificio na Praza España e coa música, a partir das 00.30 horas co grupo Gin Toni´s e as súas versións do pop dos anos 80, na Rúa real.

A festa finalizará esta noite de luns, 12 de agosto, coa actuación do Grupo Asia dende as 22.30 horas na Rúa Real, actuación na que se espera tamén unha gran participación do público para pechar as festas.

0.14357805252075