Rematados en Quiroga os traballos de mellora da estación depuradora de augas residuais

RibeiraSacraXa
Rematados os traballos de mellora da estación depuradora de augas residuais que dá servizo ao núcleo urbano de Quiroga.
grifo auga quiroga
7 Xul 2021

Xa están rematados os traballos de mellora da estación depuradora de augas residuais que dá servizo ao núcleo urbano de Quiroga, nos que se investiu 28.800 euros.

A actuación dota de novo equipamento para mellorar o control e medición do caudal de auga residual entrante e de auga tratada. Así, incorporáronse senllos caudalímetros de entrada e saída, un contador electrónico e outros aparatos de comprobación do rendemento da instalación.

Así mesmo, incluíuse unha segunda bomba de apoio no pozo de bombeo de entrada para garantir o funcionamento da depuradora, xa que con só unha bomba poderían producirse danos, e mesmo verteduras, en caso de avaría.

0.19785499572754