Rematado o mural que Doa Ocampo fixo na Casa da Cultura de Panton
RibeiraSacraXa
Rematado o mural que Doa Ocampo fixo na Casa da Cultura de Pantón. Este proxecto enmárcase no programa "Un toque de cor na Ribeira Sacra"
19 Nov 2021
O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra en colaboración co Concello de Panton e como continuación da iniciativa "Un toque de cor na Ribeira Sacra" fixo un mural no lateral do edificio da Casa da Cultura. A obra xa rematada foi levada a cabo pola muralista Doa Ocampo.
Doa Ocampo
Unha muller orixinaria de Sober sentiu desde nena a paixón polo debuxo, a pintura e a fotografía. Conecta rápidamente coa natureza e descubre a posibilidade de axudar ao reino verde a recuperar o espazo perdido, e nese momento empeza o proxecto Reforestando, que está pensado na transformación de espazos públicos, mediante a intervención mural “site specific” de temática vexetal procurando facer renacer os espazos.