Rematadas varias obras do Plan Único na montaña do Lor

O Concello da Quiroga vén de finalizar varias actuacións incluídas no Plan Único da Deputación de Lugo, correspondente ao Plan de Cooperación cos Concellos aprobado no ano 2024. As intervencións realizáronse na zona da montaña do Lor, cun claro obxectivo de mellorar infraestruturas básicas en núcleos rurais.
En Orxais, levouse a cabo a limpeza de cunetas e a colocación de zahorra compactada, co fin de garantir o acceso ás fincas con maquinaria agrícola. Ata a zona desprazáronse o alcalde, José Luís Rivera, o concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente, Luis Manuel Arias, e o técnico municipal para supervisar o resultado dos traballos.
Noutra intervención, no pobo de Lamas, executáronse obras de formigonado nun camiño secundario que conecta o núcleo coas inmediacións da igrexa, o cemiterio e o campo da festa, mellorando así a accesibilidade a estes espazos de uso comunitario.
Estas actuacións forman parte da estratexia municipal para a mellora da calidade de vida nas parroquias da montaña e contan co financiamento da Deputación de Lugo.