Rematadas as obras de pavimentación no lugar de Tuiriz, en Taboada

RibeiraSacraXa
Os traballos permitiron mellorar o pavimento nalgúns treitos do lugar que aínda permanecían sen acondicionar
obras-tuiriz-taboada
14 Oct 2025

O Concello de Taboada completou recentemente a mellora do vial no núcleo de Tuiriz, na parroquia de San Salvador de Ínsua, onde se levou a cabo unha pavimentación en cemento que permitirá reforzar a durabilidade do firme e mellorar o tránsito veciñal.

Esta intervención forma parte do Plan Deputación 2024 e foi executada pola empresa Manuel Novoa Castro SLU. Con esta actuación cúbrense algúns dos últimos treitos do lugar que aínda permanecían sen pavimentar, dando así resposta a unha demanda da veciñanza.

O tenente de alcalde, José Portela, xunto cos concelleiros Manuel Diéguez e Alexandre Varela, achegáronse ata a zona unha vez finalizados os traballos e destacaron o bo resultado da obra, que cualificaron como “satisfactorio” e positivo para a mellora das infraestruturas locais.

⚙ Configurar cookies
0.073153018951416