Rematadas as obras de mellora no CPI Doutor López Suárez de Escairón

RibeiraSacraXa
Realizáronse diversas obras de mellora no Centro Público Integrado (CPI) Doutor López Suárez de Escairón, no concello do Saviñao.
casa concello escairón saviñao
26 Sep 2021

Realizáronse diversas obras de mellora no Centro Público Integrado (CPI) Doutor López Suárez de Escairón, no concello do Saviñao. Desta maneira, visitouse o centro para comprobar o resultado dos traballos.

Dende a Xunta explicouse que se investiron 42.000 euros en distintas reformas, entre as que destacan as gradas que conectan o centro educativo co polideportivo municipal. Anteriormente só había unhas escaleiras laterais de paso entre ambas dotacións, mentres que agora as bancadas permiten sentarse e facilitan o uso das instalacións por parte dos alumnos e alumnas.

Construíronse catro gradas, dúas delas de 20 metros de lonxitude, con base de bloque de formigón gris, placas negras de plástico para a liña de asentos e unha varanda vermella á semellanza das outras instaladas no exterior do colexio, completando a estética da zona coa plantación dunha pequena área de céspede.

No colexio tamén se construíu unha rampla de acceso para mellorar a accesibilidade, e reformáronse as canalizacións da auga para evitar a entrada de humidade na sala de caldeiras.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16290998458862