Rematadas as obras de mellora integral do Cemiterio Vello de Monforte

RibeiraSacraXa
A intervención, na que se investiron 212.400 euros, consistiu na pavimentación de 80 vías secundarias, que abarcan unha superficie total de 3.199,50m²
tome-supervisa-obras-cemiterio-monforte
27 Oct 2025

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este luns a conclusión das obras de mellora integral no Cemiterio Vello Municipal, unha actuación que contou cun investimento de 212.400 euros. Segundo explicou o rexedor, “os traballos chegaron ao seu fin a finais de outubro, tal e como nos comprometemos, co obxectivo de que os monfortinos e monfortinas poidan celebrar o tradicional Día de Santos visitando aos seus seres queridos nas mellores condicións”.

A intervención afectou as 80 vías interiores do recinto da Gándara, que conforman a estrutura principal do cemiterio e forman parte da rede viaria municipal. As rúas principais e as ampliacións anteriores xa estaban pavimentadas, polo que esta obra completou o conxunto do recinto.

Tomé destacou que “é a primeira vez que se acomete unha actuación destas características no Cemiterio Municipal”, inaugurado en 1903. A necesidade da mellora, explicou, debía á existencia de vías sen pavimentar ou con tramos deteriorados e desniveis, o que xeraba humidades e filtracións de auga en sepulturas inferiores. “Esta situación quedará resolta con estas obras”, engadiu.

A actuación abarcou unha superficie total de 3.199,50 metros cadrados, dividida en cinco fases segundo as distintas zonas do cemiterio, para minimizar o impacto nas visitas, e incluíron a explanación do terreo, demolición das soleras deterioradas e instalación dun novo firme de formigón. Ademais, colocouse unha rigola para recollida de augas pluviais, con sumidoiros conectados á rede existente nas rúas principais.

“Debido á importancia social e patrimonial que ten o noso Cemiterio Municipal, consideramos necesario pavimentar estas rúas que estaban sen pavimentar ou cun pavimento defectuoso, e dignificar o lugar onde descansan os homes e mulleres que fixeron de Monforte a cidade que somos hoxe”, salientou Tomé.

Ademais, subliñou que a inversión realizada “mellora os servizos que o Cemiterio Municipal ofrece ós seus usuarios, que son a inmensa maioría dos veciños e veciñas de Monforte”. O rexedor lembrou que o Cemiterio Vello é “un espazo de recollemento pero tamén un gran patrimonio cultural”. Nel, lembrou, repousan persoas coñecidas e moitos cidadáns anónimos da cidade,

⚙ Configurar cookies
0.068816900253296