Rematadas as obras de mellora dos parques infantís do Ladrillo e do colexio de Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil vén de rematar as obras de mellora nos parques infantís da Praza do Ladrillo e do colexio, que consistiron principalmente no acondicionamento dos espazos para ofrecer unhas condicións óptimas de xogo e lecer para os nenos do municipio, con novos pavimentos e pinturas.
Estes traballos forman parte do plan de cooperación cos concellos da Deputación de Lugo e contaron cunha inversión total de 28.028 euros, dos cales a Deputación de Lugo aportu 18.858 euros e o Concello de Ribas de Sil 9.170 euros.