Rematada a primeira fase das obras de recuperación da antiga Casa Escola de Meixonfrío, en Taboada

RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo investiu 30.000 euros para levar a cabo o reforzo da estrutura e da cuberta deste espazo que se converterá nun local social
traballos-local-social-meixonfrio-taboada
10 Nov 2025

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o alcalde de Taboada, Roi Rigueira Agromartín, visitaron este domingo acompañados dun numeroso gurpo de veciñas e veciños o remate da primeira fase das obras da antiga Casa Escola de Meixonfrío, onde a institución provincial investiu 30.000 euros para levar a cabo o reforzo da estrutura e da cuberta deste espazo que se converterá nun local social.

O proxecto foi posible grazas a un acordo entre a Deputación e o Concello de Taboada que da resposta a unha actuación moi demandada entre a veciñanza e que, seguundo afirmou o alcalde, “avanzan a bo ritmo”.

Porto recordou que “a institución provincial é o concello dos concellos e precisamente baixo esa premisa colaboramos activamente con eles para que poidan ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza”.

Rigueira agradeceu o compromiso da Deputación, “co noso concello e coa mellora de infraestruturas que contribúen a revitalizar a vida nas pequenas parroquias”, e destacou “a importancia de contar cun local social que reforzará a convivencia entre os veciños e veciñas”.

⚙ Configurar cookies
0.068456172943115