Remata cun novo éxito a segunda tempada do programa Coñece a túa provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación remata a segunda tempada do programa Coñece a túa Provincia coa participación de máis de 3.000 persoas de 136 asociacións
visita escolares conece a tua provincia
11 Nov 2022

A Deputación de Lugo remata hoxe a segunda tempada do programa Coñece a túa provincia coa participación de membros da Asociación Aliad Ultreia, de Lugo, que coñeceron os concellos de Pedrafita do Cebreiro e de Triacastela, e os escolares do colexio Lagostelle, de Guitiriz, que visitan en Monforte de Lemos a Torre da Homenaxe, o Centro do Viño da Ribeira Sacra e o casco antigo da cidade do Cabe.

Estes dous grupos poñen fin a unha nova edición deste programa de viaxes gratuítas que, nesta ocasión a institución desenvolveu en dúas quendas en primavera e outono, dada a gran demanda da anterior convocatoria.

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou o éxito desta iniciativa, que contribúe de maneira importante a dar a coñecer entre a propia veciñanza lucense “a enorme riqueza patrimonial da provincia” e, ao mesmo tempo, “dinamizar os sectores turístico, hostaleiro e comercial, esenciais para a nosa economía, máis aló dos meses de maior afluencia de visitantes na provincia”, asegurou.

Nesta segunda tempada do Coñece a túa provincia da Deputación, beneficiáronse máis de 3.000 persoas de 136 asociacións. O programa provincial incluíu 37 rutas a elixir por toda a xeografía lucense. A Mariña e a Ribeira Sacra foron os destinos máis solicitados polas asociacións e entidades sen ánimo de lucro participantes. As viaxes contaron con guías profesionais, e todas partiron dalgunha das dependencias da institución provincial, como o Pazo de San Marcos, o Mazo de Santa Comba, a Granxa Gaioso Castro, ou a Produtora do Servizo de Audiovisuais.

0.15176105499268