Remata a exposición 'Entroido. Mobiliario Vestido' e inaugúrase a de 'Transfiguración da materia'

RibeiraSacraXa
Hoxe é o último día para desfrutar da exposición de esculturas dos entroidos tradicionais de Galicia 'Entroido.
exposición Xulio Fontes Chantada 2
5 Abr 2024

Hoxe é o último día para desfrutar da exposición de esculturas dos entroidos tradicionais de Galicia 'Entroido. Mobiliario Vestido' de Piquico.

Esta tarde, ás 18.30 horas inaugúrase unha nova mostra na Casa da Cultura de Chantada: 'Transfiguración da materia' de Xulio Fontes, que estará na presentación acompañado de Afonso Eiré.

O artista Xulio Fontes naceu en Quintela de Leirado (Ourense) e reside en Vigo. Dende neno xa participaba en concursos de pintura e debuxo, sendo finalista e gañador en distintas convocatorias. Conta con numerosas exposicións individuais e colectivas e outras obras. "Transfiguración da materia" está formada por distintas pezas co mesmo fío condutor: a reutilización dos recursos.

0.096357107162476