Remata a asemblea de Acruga sen que se presentase ningunha proposta polos convocantes

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Asemblea Extraordinaria de Acruga, celebrada onte no local do centro sociocultural do Corgo, concluíu sen ningunha votación.
vacas gando animais gandeiria
22 Xuño 2023

A Asemblea Extraordinaria de Acruga, celebrada onte no local do centro sociocultural do Corgo, concluíu sen ningunha votación, xa que os convocantes da reunión non presentaron ningunha proposta de modificación do regulamento electoral vixente.

Precisamente, o único punto da orde do día era esa modificación do regulamento electoral, polo que desde a xunta directiva explicouse hai días aos convocantes que podían elaborar un documento que se incorporaría á orde do día da sesión. Finalmente non se presentou ningunha proposta polo que tampouco se realizou a votación.

Neste sentido, a xunta directiva de Acruga insistiu en que "os sistemas de votación realizados pola asociación durante os últimos 20 anos foron completamente democráticos, á vez que explicou que a asemblea foi unha perda de tempo que unicamente serviu para entorpecer o traballo diario da asociación e de novo interferir nas actuacións realmente efectivas para a Raza Rubia Galega e os seus gandeiros".

0.11399793624878