Remata a actividade das Escolas Deportivas de Quiroga cunha Gala do Deporte que terá lugar este sábado
As Escolas Deportivas de fútbol sala e de voleibol do municipio de Quiroga, que votaron a andar neste curso escolar no mes de outubro, veñen de rematar a súa actividade deste curso despois de disputar diferentes encontros, rematando cos que se disputaron entre pais e nais contra fillos e fillas.
Tras esta clausura, celébrase a Gala do Deporte este sábado, 8 de xuño, como recoñecemento a todas as modalidades deportivas e para todos os deportistas do municipio. Terá lugar ás 20.00 horas no Auditorio Municipal e rematará cunha cea do deporte no restaurante Chapakuña.
Ademais, o domingo, o pavillón municipal acolle as finais provinciais de voleibol, na que participan os equipos das Escolas Deportivas de Quiroga, o Emevé de Lugo, e os Korbis, o Ribeira Sacra e o Colexio Novo de Monforte.