Recoñecemento ao piloto monfortino Eduardo Iglesias
RibeiraSacraXa
O piloto de motos, que este ano participou no seu segundo Dakar, recibiu as felicitacións do Goberno autonómico
8 Mar 2021
O piloto de motos Eduardo Iglesias, de Monforte, vén de reunirse co vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, quen en nome do Goberno autonómico felicitou ao deportista, que o pasado mes de xaneiro participou no Rally Dakar 2021, acabando no posto 53.
Coa súa participación nesta proba, o piloto ten contribuído ademais á visibilización da marca Galicia e do Xacobeo 2021 nunha das competicións más duras do mundo do motor, e que cada ano seguen medios de comunicación de todo o mundo.
Foi a segunda vez que Eduardo Iglesias competiu no rally Dakar, a proba de motor máis importante, na que os corredores teñen que percorrer uns 9.000 quilómetros repartidos nun total de 12 etapas.