Recollen este martes doazóns de sangue no Saviñao

RibeiraSacraXa
A unidade móbil situarase en Currelos a primeira hora da tarde, e logo diante da casa consistorial en Escairón
2 Feb 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará esta tarde no Concello do Saviñao, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 17.00 e as 19.00 horas no campo da feira de Currelos, e dende as 19:30 ás 21:00 situarase diante da casa consistorial en Escairón.

0.14577412605286