Recollen doazóns de sangue este sábado 11 de xaneiro en Monforte
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) organiza unha nova xornada de doazóns en Monforte este sábado, 11 de xaneiro. A unidade móbil estará situada diante do Campo da Compañía e operará en horario de 10:00 a 15:00 horas.
ADOS lembra que doar sangue é un acto altruísta que pode salvar vidas e destaca a necesidade de realizar este xesto solidario, xa que cada día precísanse máis de 400 doazóns nos hospitais galegos.
Para participar, é importante acudir almorzado e, no caso de xantar antes, agardar un mínimo de dúas horas. Ademais, débese levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, e informar ao persoal médico se se está a tomar algún medicamento.
Se tes máis de 18 anos, pesas máis de 50 quilos e dispós de 10 minutos, non perdas esta oportunidade de contribuír a salvar vidas. Máis información en ados.sergas.gal ou no teléfono 900 100 828.