Recollen doazóns de sangue en Sober

RibeiraSacraXa
La unidad móvil de donación de sangre estará este jueves 24 de febrero en Sober para recoger las colaboraciones de los vecinos.
doazon sangue
19 Feb 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará o xoves 24 de febreiro no Concello de Sober para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.30 e as 18.30 horas na praza do Concello.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

0.10402798652649