Recollen doazóns de sangue en Chantada

RibeiraSacraXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 18 de outubro no Concello de Chantada para recoller as colaboracións dos veciños.
doazon sangue
13 Out 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 18 de outubro no Concello de Chantada para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10 e as 14 horas e entre as 16 e as 21 horas na praza de Galicia.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

cartel doazon sangue chantada
0.14069008827209