Recibidas catro ofertas para acometer a mellora do firme en 6 estradas autonómicas ao seu paso pola provincia de Ourense
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de recibir catro ofertas de empresas para executar as obras de mellora do firme en 6 estradas autonómicas ao seu paso por 7 concellos da provincia de Ourense.
Esta intervención, licitada por un investimento de 3.015.517 euros, permitirá a rehabilitación do firme en varios treitos das estradas autonómicas OU-533, OU-602, OU-603, OU-622, OU-636 e OU-933, que discorren polos concellos do Bolo, Petín, Larouco, A Rúa, O Barco, Rubiá, Pobra de Trives. No caso de OU-636 se intervirá no municipio lucense de Quiroga.
A previsión do departamento de Infraestruturas da Xunta é executar as obras de acondicionamento nestas estradas no vindeiro 2025. Os traballos contan cun prazo de execución previsto de 4 meses.