Reabren as piscinas municipais de Quiroga tras as analíticas sanitarias

RibeiraSacraXa
Tras ser obxecto dun acto vandálico, o Concello viuse obrigado a proceder a unha desinfección integral dos vasos
piscina-municipal-quiroga
14 Aug 2025

Tras permanecer pechadas 48 horas debido a un acto vandálico, o Concello de Quiroga reabre ao público as piscinas municipais no seu horario habitual, de 12:00 a 20:00 horas.

O peche produciuse o martes, 12 de agosto, tras detectarse restos fecais nas piscinas, no que todo apunta a ser un episodio do denominado “reto marrón”, un reto viral en redes sociais que consiste en defecar en piscinas públicas.

Seguindo a normativa sanitaria, o Concello procedeu a unha desinfección integral, que inclúe varios ciclos de hipercloración da auga e análises bacteriolóxicas para garantir a ausencia total de bacterias e previr riscos para a saúde pública. Esta mañá recibíronse os resultados das analíticas, que permitiron autorizar a reapertura.

O Concello lamenta as molestias causadas aos usuarios, agradece a súa comprensión e fai un chamamento á responsabilidade e ao respecto polos espazos municipais.

⚙ Configurar cookies
0.070379018783569