Raquel Queizás interpretará a obra ‘Cómica de lingua’ en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O Concello de Ribas de Sil vén de presentar a programación cultural para o mes de agosto
Festa-da-Cereixa-Ribas-de-Sil-2
Praia Fluvial de Ribas de Sil
2 Ago 2024

O Concello de Ribas de Sil vén de presentar a programación cultural para o mes de agosto, que comeza este sábado, 3 de agosto, coa representación de ‘Cómica de lingua’ por Raquel Queizás no anfiteatro da praia fluvial ás 20.00 horas.

Pola súa parte, o vindeiro 14 de agosto haberá inchables de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 19.30 horas e ás 20.00 horas terá lugar a representación teatral de ‘A historia de Martín’ a cargo de Animar-T Teatro. Finalmente, ás 23.00 horas terá lugar o concerto de Estefanía Fernández na praza do Concello.

Pola súa parte, o 15 de agosto ás 23.00 horas haberá un concerto de Banda de Música de Lourenzá e o día 16 celebrarase a III edición Rock & Viño co concerto de Doc Magoo’s na praia fluvial.

0.18279099464417