Raquel Arias puxo en valor o esforzo inversor da Xunta de Galicia nunha visita guiada en Sober

RibeiraSacraXa
A deputada electa polo Grupo Popular ao Parlamento de Galicia, Raquel Arias, destaca o esforzo inversor do Goberno de Alfonso Rueda para poñer en valor o patrimonio cultural, histórico e artístico da Ribeira Sacra lucense.
Francisco Conde e Raquel Arias na festa da Pisa da Castaña (3) (1)
21 Feb 2024

A deputada electa polo Grupo Popular ao Parlamento de Galicia, Raquel Arias, destaca o esforzo inversor do Goberno de Alfonso Rueda para poñer en valor o patrimonio cultural, histórico e artístico da Ribeira Sacra lucense.

Arias indica así que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2 millóns de euros á conservación, rehabilitación e mantemento de distintos elementos arquitectónicos da comarca.

É o caso, apunta, do colexio Cardenal, de Monforte de Lemos; da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño, en O Saviñao; do mosteiro de Santa María de Ferreira, en Pantón; do xacemento romando de Proendos, en Sober; ou as pinturas de Pinol e de Lobios; tamén en Sober.

A deputada electa fai esta valoración co gallo do Día Internacional do Guía do Turismo e logo de participar nunha visita guiada á igrexa de San Vicente de Pinol, que foi, precisamente, mellorada coa actuación do Executivo de Rueda.

Concretamente, a Xunta de Galicia restaurou as pinturais murais renacentistas, que datan do século XVI e están relacionadas coa escola de pintura hispanoflamenca, figurando entre os elementos máis importantes que se conservan no conxunto da Ribeira Sacra.

0.22108197212219