Quiroga xa puxo en marcha as súas actividades para os máis maiores do municipio
RibeiraSacraXa
Ximnasia de mantemento e taller de memoria son dúas actividades enfocadas no desenvolvemento dos maiores do municipio
5 Oct 2024
O Centro Social de Quiroga comezou este mes de outubro dúas das actividades neste derradeiro trimestre do ano, concretamente ximnasia de mantemento e o taller de memoria.
Así, as clases de ximnasia de mantemento para maiores está impartida por Iván Coba e xa ten as 25 prazas que oferta cubertas. Esta actividade desenvolverase os luns e os mércores entre as 17.00 e as 18.00 horas no centro social.
Na primeira xornada da actividade, o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Luis Manuel Arias, achegouse ata as instalacións do Centro Social onde se leva a cabo esta actividade.
Pola súa parte, tamén comezou o taller de memoria que se desenvolverá todos os xoves dende as 18.30 e ata as 20.00 horas na aula Cemit da Casa da Cultura.