'Quiroga, territorio literario', unha ruta para coñecer a cultura do municipio
RibeiraSacraXa
O vindeiro 1 de outubro terá lugar a iniciativa ‘Quiroga, territorio literario’, unha ruta de 10 quilómetros na que as persoas que participen poderán desfrutar da contorna quiroguesa.
26 sep 2023
O vindeiro 1 de outubro terá lugar a iniciativa ‘Quiroga, territorio literario’, unha ruta de 10 quilómetros na que as persoas que participen poderán desfrutar da contorna quiroguesa.
A saída terá lugar ás 09.00 horas desde a Casa da Cultura e acabará no mesmo punto ás 14.00 horas. Durante a ruta, Celia Díaz e Xosé Estévez, ámbolos dous profesores e escritores, acompañarán ao grupo pola ruta.
Ademais, tamén haberá música da man do músico e investigador da Fundación Legar, Xabier Blanco, xunto coas voces do alumnado do CEIP e do IES de Quiroga.
As persoas interesadas en participar poderán apuntarse a este evento na Casa da Cultura ata o vindeiro 29 de setembro.