Quiroga será o escenario do programa 'Cóntanos a túa soidade' cuxo protagonismo terán os máis maiores

RibeiraSacraXa
A aula Cemit da Casa da Cultura acollerá no mes de febreiro un programa no que se entrevistará a persoas maiores que viven soas para visibilizar esta problemática e dar voz a todas aquelas persoas que queiran compartir as vivencias da súa soidade.
cea de Nadal asociacións Quiroga
17 Jan 2024

A aula Cemit da Casa da Cultura acollerá no mes de febreiro un programa no que se entrevistará a persoas maiores que viven soas para visibilizar esta problemática e dar voz a todas aquelas persoas que queiran compartir as vivencias da súa soidade.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza, da man de FEGAUS, a Federación Galega de Asociacións Universitarias Senior, un programa baixo o nome 'Cóntanos a túa soidade', que ten como finalidade combater a soidade non desexada entre as persoas maiores.

Trátase dunha iniciativa na que se levarán a cabo entrevistas a diferentes persoas usuarias da Rede CeMIT que vivan soas, durante as que poderán contar como se atopan, que dificultades teñen no seu día a día, e como se lles pode axudar etc.

En cada programa que terá unha duración aproximada de 60 minutos, entrevistaranse entre 2 e 3 persoas máximo. Porén, ao programa poden acudir todas as persoas usuarias interesadas en participar como público.

Os programas serán gravados polo equipo técnico de FEGAUS, para posteriormente ser emitidos en falso directo no programa 'Cóntanos a túa soidade' de Radio 50yPico, que se emitirá os mércores de 13.00 a 14.00 horas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18605709075928