Quiroga segue a organizar o Entroido, o desfile de comparsas terá lugar o 27 de febreiro
O Concello de Quiroga segue coa preparación dunha das festas máis desexadas polos veciños, o Entroido. Á espera dos protocolos que marcará a Xunta de Galicia, os organizadores están a planificar o desfile de comparsas que terá lugar o domingo 27 de febreiro.
As comparsas e persoas que desexen participar poderán apuntarse nos próximos días. A participación no desfile terá un premio. Este será entregado seguindo as valoracións dun xurado composto por un membro de cada comparsa participante. Valorarase especialmente a orixinalidade do disfrace, a coreografía, a escenografía, a elaboración do vestiario e a elaboración da carroza.
Os premios mantéñense coma en edicións anteriores e serán de 600 euros para a comparsa gañadora, 300 euros para a segunda clasificada e 200 para a terceira. Ademais, o resto de comparsas recibirán 100 euros e un único premio de 60 euros para o mellor disfrace individual.
A xornada estará amenizada pola música dunha charanga, tanto o desfile como a festa diante da casa consistorial.
A organización está preparando actividades para os máis pequenos e maiores do Concello, entre elas unha merenda de orellas e sangría no centro social.