Quiroga recuperou os niveis de ocupación precovid no 2021

RibeiraSacraXa
El año 2021 supuso una recuperación laboral para el Concello de Quiroga que volvió a los niveles ocupacionales de antes de la pandemia.
traballo quiroga
11 Xan 2022

O peche de ano 2021 en Galicia estivo marcado pola recuperación do mercado laboral, volvendo ao número de parados que se tiña antes da aparición da Covid, segundo datos da Consellería de Emprego e Igualdade. Esta boa nova para o mercado laboral tamén se cumpre en Quiroga, que non só se situou a niveis anteriores á pandemia, senón que pechou este decembro con 20 parados menos que en decembro do 2019.

O ano 2021 pechouse en Quiroga con 159 parados, oito menos que un mes antes (novembro). Destes parados a maioría demandan emprego no sector servizos (96), seguidos a moita distancia da industria (25), a agricultura (14) e a construción (11). A maiores, 13 persoas buscan emprego por primeira vez.

A nivel de comarca tamén son bos datos posto que o número de parados está situado en 239 persoas, segundo datos da Consellería de Emprego, 47 menos que a inicios do ano 2021.

0.17715406417847