Quiroga programa a súa feira de artesanía e produtos típicos o 27 de agosto

O Concello de Quiroga anunciou a celebración da súa tradicional Feira de Artesanía e Produtos Típicos o vindeiro mércores 27 de agosto, unha cita coa cultura e a tradición que se desenvolverá na rúa Real entre as 9:00 e as 15:00 horas.
O encontro contará ademais coa música en directo do grupo de gaitas O Recanto, que animará unha xornada pensada para poñer en valor o traballo artesanal e os produtos locais.
Dende a organización sinalan que a previsión é que a feira poida celebrarse con normalidade, confiando en que a vaga de incendios que está a afectar á contorna cese canto antes para garantir un desenvolvemento seguro e festivo desta cita.