Quiroga presenta a camiseta oficial da XLIII Feira do Viño

RibeiraSacraXa
A camiseta deste ano rende homenaxe ao poeta courelao Uxío Novoneyra coa súa mítica frase “Quiroga é un viño”
jose-luis-rivera-presenta-camiseta-feira-do-viño
Jose Luis Rivera presenta a camiseta oficial da XLIII Feira do Viño de Quiroga
15 Apr 2025

Co gallo da celebración da XLIII Feira do viño de Quiroga e do 95 aniversario do nacemento de Uxío Novoneyra (19 de Xaneiro), o Concello de Quiroga, en colaboración coa Fundación Novoneyra sacou unha serie limitada de camisetas que estarán a venda nos días da Feira do Viño de Quiroga.

O rexedor local, José Luís Rivera, presentaba esta camiseta realizada para celebrar o legado do poeta courelao e o afecto que lle tiña a esta terra e á feira do viño, da que foi pregoeiro na súa primeira edición en 1980.

Na camiseta está presente a mítica frase da carta que Uxío Novoneyra escribiu en 1956, “Quiroga é un viño” e a firma do autor que irán na parte do frente e os logos oficiais da Feira do Viño de Quiroga e a Fundación Novoneyra na parte superior traseira.

A realización desta camiseta forma parte do calendario de homenaxes que se está a facer dende a área de Turismo a Novoneyra, e que concluirá coa celebración do Roteiro literario de Quiroga e a colación do seu fito dentro da ruta.

A camiseta que estará a venda, ata fin de existencias, os días de celebración da Feira do Viño de Quiroga, 18, 19 e 20 de Abril, no stand de información situado no recinto feiral.

⚙ Configurar cookies
0.12971901893616