Suspendida a Cabalgata de Reis de Quiroga

RibeiraSacraXa
Os Reis Magos recibirán directamente aos nenos e nenas no Auditorio Municipal
quiroga cabalgata
5 Jan 2025

Este domingo, 5 de xaneiro, Quiroga dará a benvida ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente nunha xornada chea de ilusión e tradición, pero sen a tradicional Cabalgata, debido ás previsións de choiva.

Dende o Concello informan que os Reis Magos recibirán directamente aos nenos e nenas no Auditorio Municipal a partir das 18.30 horas.

O programa tiña previsto comezar ás cinco da tarde na casa consistorial, para entregar os premios aos gañadores do Concurso de Poesía de Nadal, organizado pola Biblioteca Municipal.

A continuación, os Reis Magos visitarían a Residencia da Terceira Idade para compartir momentos especiais cos seus residentes antes de subir á súa carroza e iniciar o percorrido pola rúa Real a partir das seis da tarde. Este, sen embargo, queda suspendido polas previsións meteorolóxicas para a tarde deste domingo. 

0.16914486885071