Quiroga ponse a andar o vindeiro domingo
RibeiraSacraXa
Quiroga organiza unha andaina o domingo 13 de xuño. A ruta consistirá en 11 kilómetros de Bendilló a Quiroga e ten unha dificultade baixa.
9 Xuño 2021
O Concello de Quiroga organiza unha andaina o vindeiro domingo 13 de xuño. A ruta consistirá en 11 kilómetros de Bendilló a Quiroga e ten unha dificultade baixa. Así mesmo, non será unha ruta competitiva polo que haberá reagrupamentos.
A saída farase en autobús dende a praza de España ás 9:30 horas da mañá e irase ata o muíño de aceite de Bendilló. A actividade é gratuíta e é necesario unha participación mínima de 20 persoas e unha máxima de 55.
Para inscribirse é preciso facelo na casa da cultura e hai como data límite o venres 11 de xuño. Así mesmo, o evento rematará cuns pinchos.
Dende o Concello informan que se levarán a cabo todas as medidas de seguridade oportunas e que a actividade se poderá suspender en caso de que faga mal tempo.