Quiroga pon en marcha un concurso de postais de Nadal para os nenos e nenas do Concello
RibeiraSacraXa
O Concello de Quiroga pon en marcha o concurso de postais de Nadal dirixido a toda a cativada.
10 Dec 2023
O Concello de Quiroga pon en marcha o concurso de postais de Nadal dirixido a toda a cativada. A proposta está aberta a todos os nenos e nas de entre 3 e 12 anos ata o vindeiro 22 de decembro.
Haberá tres categorías para os participantes en función da idade: unha de 3 a c4 anos, outra de 5 a 6, de 7 a 8, de 9 a 10 e de 11 a 12 anos. Os premios para os gañadores serán sorpresa.
O tema das creación é o Nadal e poderanse presentar postais dun tamaño de medio folio. Os datos do autor ou da autora deberán ir dentro dun sobre pechado. Os traballos deberán presentarse na Casa da Cultura o lugar e a data de entrega dos premios comunicarase aos gañadores.