Quiroga pecha o programa “Descubrir Quiroga” cunha ruta polas fervenzas

RibeiraSacraXa
Será este domingo, 5 de outubro, e consistirá nunha ruta interpretada polas diferentes paisaxes e espazos naturais
descubrir-quiroga-fervenzas
2 Oct 2025

O programa de dinamización turística “Descubrir Quiroga”, impulsado pola Concellería de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo, chega á súa fin este domingo, 5 de outubro, cunha última actividade dedicada ás fervenzas do municipio.

A xornada desenvolverase entre as 10:00 e as 17:00 horas, con saída desde a Casa da Cultura. O guía de Courleando será o encargado de conducir unha ruta interpretada polas diferentes paisaxes e espazos naturais, ofrecendo explicacións sobre o patrimonio ambiental da zona.

A organización recomenda levar comida, bebida e un tentempié, xa que se trata dunha actividade de todo o día. As prazas son limitadas co obxectivo de respectar o medio natural e garantir unha experiencia sostible, e as persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 982 435 125 ou a través do correo turismo.quiroga@eidolocal.es.

⚙ Configurar cookies
0.083207845687866