Quiroga organiza unha festa de benvida ao verán para a xuventude

RibeiraSacraXa
A primeira edición da ‘Summer Begins Quiroga celebrarase o 19 de xullo
summer-begins-quiroga
12 Jun 2025

Dende a Concellería de Xuventude organízase a ‘Summer Begins Quiroga’, unha festa para a xuventude que nace coa intención de marcar o remate da época de estudos e comezar o verán.

A data escollida para esta primeira festa que segundo o concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, ten intención de continuar no tempo e acadar unha data no calendario como inicio do verán, é o sábado 19 de xullo.

A Summer Begins Quiroga, segundo o concelleiro, nace para cubrir as peticións da xuventude local de contar cun evento propio para ela dentro da programación do verán.

Esta primeira cita, que comezará coa animación da charanga Louband, contará coa participación de catro DJ locais, DJ Fa, DJ Michel, DJ Adri e DJ Mavilo; pero tamén contará co DJ valenciano Dani Daniel. No recinto da festa que será na entrada do Parque da Constitución contarase entre outros complementos con “merchandising” e “food trucks” para facilitar a estancia da xuventude dende as seis e media da tarde ata as dúas e media da mañá, horario no que se desenvolverá a festa.

⚙ Configurar cookies
0.17187786102295