Quiroga organiza unha excursión para visitar ao Oso de Salcedo
RibeiraSacraXa
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 27 de febreiro na Casa da Cultura de Quiroga

18 Feb 2025
O Concello de Quiroga organiza para o vindeiro 3 de febreiro unha excursión para asistir á tradicional saída do Oso de Salcedo, con motivo do Entroido de 2025 na Pobra do Brollón.
A visita sairá ás 15.45 horas dende a Casa da Cultura de Quiroga e regresará 05.30 horas da madrugada. Para participar, as persoas interesadas deberán inscribirse antes do 27 de febreiro na Casa da Cultura de forma presencial en horario de 8.00 a 14.00 horas, e darase prioridade a aquelas persoas que estean censadas no Concello de Quiroga.