Quiroga organiza este domingo un Obradoiro de toque manual de campás na Ermida

RibeiraSacraXa
A proposta busca manter viva unha práctica recoñecida pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade
obradoiro-campas-quiroga
6 Sep 2025

Este domingo, 7 de setembro, a igrexa de Santa María da Ermida acollerá unha actividade dedicada á tradición campaneira. O encontro terá lugar entre as 16:30 e as 19:00 horas e incluirá unha demostración inicial de diferentes toques, seguida dun obradoiro práctico aberto a todo o público.

A iniciativa, que non require inscrición previa e é de carácter gratuíto, está promovida pola Unidade de Acción Pastoral de Quiroga–Courel en colaboración coa Asociación Cultural Campaneiros de Galicia.

A proposta busca manter viva unha práctica recoñecida pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. O obxectivo é que os asistentes coñezan de primeira man a técnica dos repeniques, volteos e outros toques tradicionais, comprendendo o seu valor simbólico e a función so-ial que desempeñaron ao longo da historia.

Ademais de achegarse á súa dimensión cultural, os participantes poderán entender a mecánica e a riqueza acústica das campás, instrumentos que durante séculos foron un medio esencial de comunicación nas comunidades cristiás.

⚙ Configurar cookies
0.16118383407593