Quiroga organiza campamentos de verán durante os meses de xullo e agosto

RibeiraSacraXa
As inscricións estarán abertas a partir do vindeiro luns
fin-de-campamento-de-verán-Quiroga
Campamento de Verán 2024, Quiroga
13 Jun 2025

A área de Igualdade do Concello de Quiroga organiza un ano máis os Campamentos de Verán dentro do programa “Concilia Quiroga”, cofinanciado a través do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga.

Trátase dun servizo dirixido a favorecer a conciliación familiar e laboral, polo que terán prioridade as familias nas que traballan os dous proxenitores e as familias monoparentais.

Os campamentos, nos que poden participar nenos e nenas de 3 a 11 anos, desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto. Estando baixo o coidado de 10 monitores titulados e 7 voluntarios.

Os nenos interesados en participar terán dende o vindeiro luns 16 ata o xoves 27 de xuño de prazo para inscribirse no Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga, onde tamén poderán recibir máis información.

⚙ Configurar cookies
0.16895604133606