Quiroga organiza actividades desde esta semana para conmemorar o 25N

RibeiraSacraXa
A primeira cita terá lugar este mércores 19 de novembro coa charla “Crenzas e diñeiro”, a cargo de Laura Macía
25N, Quiroga
25N, Quiroga
17 Nov 2025

O Concello de Quiroga, a través da Concellería de Educación, Infancia e Igualdade, presentou o programa de actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia machista.

A primeira actividade será este mércores 19 de novembro coa charla “Crenzas e diñeiro”, a cargo de Laura Macía, que terá lugar ás 18:00 horas.

O 21 de novembro realizarase un obradoiro sobre violencia de xénero no CEIP de Quiroga. O día 25, ás 12:00 horas, levarase a cabo a lectura do manifesto polo 25N na Casa do Concello.
Para rematar, o 26 de novembro, a educadora social Paula Santos impartirá o “Círculo de Benestar” na vila, ás 17:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.069543123245239