Quiroga incorpora nova maquinaria para a limpeza e roza das pistas

RibeiraSacraXa
As novas ferramentas foron adquiridas grazas a investimento de 7.000 euros por parte da Deputación de Lugo
nova-maquinaria-quiroga
Recepción de nova maquinaria para a roza en Quiroga
6 Feb 2025

O Concello de Quiroga incorporou nova maquinaria manual para a limpeza e roza en pistas municipais e contornas de núcleos, grazas á colaboración de área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Trátase de catro rozadoiras e unha motoserra, que se porá a disposición do persoal encargado de levar a cabo estas tarefas.

A deputada Iria Castro achegouse a Quiroga para a recepción do material,  que supuxo un investimento de 7.000 euros por parte da institución provincial e que facilitará o desenvolvemento dun traballo fundamental para manter en boas condicións de uso as infraestruturas municipais.

No acto, en que participaron o alcalde José Luis Rivera e responsables do goberno local, púxose de manifesto a importancia destas ferramentas para o acondicionamento de camiños rurais e veciñais, para diferentes usos forestais e de xardinería municipais así como para a limpeza e mantemento das rutas de sendeirismo coas que conta o concello.

Esta adquisición renova os recursos materiais e contribúe tamén a facilitar a actividade agrogandeira, forestal, vinícola e oliveira do concello.

0.14646291732788